Asistencia sanitaria para os nenos saharauís

Asistencia sanitaria para os nenos saharauís que pasarán o v erán en Galicia co programa "Vacacións en Paz"-El Portal de la Infancia
photo_camera Asistencia sanitaria para os nenos saharauís que pasarán o v erán en Galicia co programa "Vacacións en Paz"-El Portal de la Infancia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou os documentos acreditativos da cobertura asistencial dos rapaces aos responsables da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

O Servizo Galego de Saúde dará cobertura asistencial, un verán máis, aos rapaces saharauís que participan no programa "Vacacións en Paz", organizado en Galicia pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Esta mañá, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixolle entrega á presidenta da asociación, Maite Isla Avión, dos documentos acreditativos que garanten a asistencia sanitaria durante as vacacións dos 184 menores saharauís que se desprazan a Galicia este verán, ao abeiro do programa. Na entrega estivo presente, así mesmo, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada.

A colaboración establecida entre o Sergas e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (sogaps) inclúe a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas.

A cobertura sanitaria en atención primaria abrangue a cobertura nas consultas, servizos e centros de saúde; a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos; as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; ademais de programas de atención á infancia e urxencias.

En canto á atención especializada, inclúese a asistencia ambulatoria especializada en consultas, que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores; a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica, a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización. No referido á prestación farmacéutica, a colaboración establecida abrangue a dispensación prestada en réxime de internamento e a prescrita en réxime extrahospitalario.

Más en Salud y Medicina Hoy