Entrega de diplomas no programa integrado de emprego en Agarimo

O programa integrado de emprego de Agarimo permite a mellorar oportunidades laborais dos sectores de restauración e aloxamentos turísticos
formación e emprego a través de Asociación Agarimo
photo_camera A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, onte en Agarimo, Concello de Arteixo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación puxo onte en valor o traballo que realiza Agarimo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, salientou onte en Arteixo o alto grado de inserción laboral dos programas integrados de emprego que desenvolve a asociación Agarimo. Ademáis, puxo en valor o traballo que realiza Agarimo con máis de 40 anos de experiencia atendendo a grupos en situación de vulnerabilidade. De feito, Agarimo vén de obter a certificación Aenor pola súa actividade de xestión e impartición de formación profesional para o emprego.

Lembramos que este programa integrado de emprego permite a mellora das oportunidades laborais en dous sectores cunha gran demanda de traballo: restauración e aloxamentos turísticos. Ofrecen, ademáis, un itinerario profesional individualizado aos participantes e prácticas non laborais en centros de traballo da contorna onde se desenvolve a actuación. A Xunta apoia estas iniciativas con preto de 95 millóns de euros desde 2009, o que permitiu a mellora da formación para o emprego de 50.000 persoas.

A convocatoria 2022-2023 está aberta hasta o 23 de xuño. As entidades locais e sen ánimo de lucro poden solicitar as axudas e presentar os seus proxectos. Dados os bos resultados desta iniciativa, o Goberno galego incrementou este ano a partida orzamentaria ata os 10,26 millóns de euros. Nesta edición, tal e como sinalou Lado, apoiarase de xeito máis intenso os proxectos dirixidos a colectivos vulnerables “na procura dun mercado de traballo inclusivo".

Os alumnos do programa para a formación e emprego recibieron os seus diplomas en Agarimo, Concello de Arteixo